As dúas rodas como medio de transporte laboral

Pedalear é, para a maioría das persoas, unha actividade relacionada co ocio. Cada vez máis xente utiliza a bicicleta como medio de transporte para desplazarse no seu día a día, xa sexa para ir a traballar ou ben chegar ata o seu centro de estudos. Sen embargo, tamén crece o número de profesionais que fan dela un vehículo que forma parte da súa xornada laboral. É o caso de moitos traballadores que se apuntaron ao transporte ecolóxico, e encontraron na bicicleta unha alternativa sostible, cómoda, saludable, económica e non contaminante que lles fai máis fácil o desempeño da súa labor.

Veloces é unha empresa de mensaxería de Sevilla que realiza envíos e loxística en bicicleta. Reduciron costes na compra e mantemento de vehículos, non gastan combustible e melloraron a súa eficacia nos repartos sen dañar o medio ambiente. Móvense con facilidade pola súa cidade e dependendo do volume do paquete que teñan que entregar o fan con bicicletas especiais para cargas medianas.

En Linares (Jaén), a Tintorería Sevilla Vera tamén incluíu a bicicleta na súa rutina laboral. Cun orixinal triciclo que contén un compartimento para levar cargas, ofrecen un servizo a domicilio de entrega de prendas. No lavado da roupa utilizan productos ecolóxicos, e a bicicleta é un valor engadido na súa política de respeto do medio ambiente.

Algúns restaurantes con reparto de comida a domicilio tamén utilizan a bici para facer as súas entregas.

Nos países asiáticos e do norte de Europa, como Holanda, Alemania e Reino Unido, é habitual encontrar tamén bicicletas como medio para o transporte de varias persoas. Son as bici-taxis. En algunhas cidades de España comeza a instaurarse este servizo. Un exemplo é o de Alicante, cidade na que nace Bici-taxi.com, unha empresa que ofrece unha nova forma de transporte a pedais para cidadáns e turistas.

Fonte:http://www.mediaset.es/12meses/campanas/sobre-ruedas/Profesionales-bicicleta_0_1612275008.html

 



 

Esta entrada foi publicada en Organizacións ecoloxistas e etiquetada . Garda o enlace permanente.