Un súper ordenador para resolver o crebacabezas do VIH

O material xenético do VIH está envolto e protexido no interior do virus. Rodeado por unha cápsula, o ARN,  o virus do sida está rodeado por esta envoltura de proteínas, que se rompe ao infectar unha célula humana para permitir que o virus se reproduza alí. Un minucioso traballo xunto cun gran ordenador permitiu por primeira vez desvelar  a estructura molecular de esta envoltura de proteínas.

O traballo e crucial por algo que explican os propios investigadores, Peijun, Zhang, Klaus Schulten e Juan Perilla das universidades de Pittsburgh e Illinois (EEUU). “A cápsula é crítica para a replicación do VIH (no interior das células humanas) e con esta nova información poderíase desenvolver fármacos capaces de interferir neste proceso”  segundo señalaron nun comunicado de prensa.

Este cascarón de proteínas e xa a diana de certos antirretrovirales, pero a súa estructura química é tan complexa que ata agora fora imposible desentrañala ao completo.  O traballo dos especialistas foi posible grazas a combinación de varias tecnoloxías punteiras de microscopía, cristalografía., resonancia magnética nuclear e o ordenador Blue Waters do Centro de Supercomputación da Universidade de Illonois.

Trátase dunha estructura en forma de cono que ensambla máis de 1.300 proteínas idénticas agrupadas en forma de 216 hexágonos e 12 pentágonos. Os experimentos non só desvelaron como interaccionan estas proteínas para manter a estabilidade da cápsula  ( 64 millóns de átomos en total) senón que tamén parece ser que foron quen de descubrir algunhas rexións clave na capacidade infectiva do virus. É dicir , rexións susceptibles de convertirse en futuras dianas para novos tratamentos contra o VIH.

Schulten admite que é un misterio como todas esas proteínas idénticas entre sí poden formar unha estructura tan complexa e tan vital ao mesmo tempo para que o virus poda replicarse unha vez que chega ao interior dunha célula humana.” A cápsula ten dúas propiedades completamente opostas entre sí” explica Schulten:” por un lado ten que protexer o material xenético pero unha vez que infecta unha célula ten que permitir a súa liberación. Iso ten que pasar ademais no momento oportuno e nese momento podemos tratar de actuar”.

O momento en que esa cápsula se abre dentro dunha célula humana para depositar alí os xenes do VIH “é esencial na virulencia da infección. Tal vez é ahí onde podemos tratar de interferir co VIH” apunta o investigador de Illonois.” Os novos detalles da estructura poden rebelar algunhas vulnerabilidades que podrían ser expotadas terapeuticamente no futuro” conclúe Perilla.

Fonte: El Mundo

Una de las recreaciones del estudio.| 'Nature'

Esta entrada foi publicada en -Enfermidades Xenéticas, Biotecnoloxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to Un súper ordenador para resolver o crebacabezas do VIH

  1. Iván Enríquez di:

    Na miña opinión é algo moi interesante e moi importante xa que hai numerosas mortes debido a esta enfermidade. E, quen di que no poda pasar como ca tuberculose? Fai anos era algo moi dificil de curar e morreu moita xente a causa desta, pero actualmente se a tes podela curar facilmente. Se esto pasa co VIH a xente estará máis tranquila e aumentará a esperanza de vida, debido a diminución de probabilidade de morte por VIH

    • Andrea Lago Fernández di:

      O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) é un lentivirus, causante do síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA). Foi descuberto e considerado como o axente da nacente epidemia de sida polo equipo de Luc Montagnier en Francia en 1983. O virión é esférico, dotado dunha envoltura e con unha cápside proteica. O seu xenoma é unha cadea de ARN monocatenario que debe copiarse provisionalmente ao ADN para poder multiplicarse e integrarse no xenoma da célula que infecta. Os antíxenos proteicos da envoltura exterior acóplanse de forma específica con proteínas da membrana das células infectables, especialmente dos linfocitos T CD4.

Deixa unha resposta