O bloqueo dun só xene reduce a agresividade dos tumores

Un equipo da Universidade Johns Hopkins descubriu un xene que actúa como un interruptor nos procesos tumorais. En concreto, estudando células de cancro de mama humano, teñen visto que tras o seu bloqueo o cultivo adquire o aspecto dun tecido san. Iso apunta a que un fármaco que actuase neste sentido podería ser unha alternativa sobre todo en tumores que sexan resistentes aos medicamentos ata agora en uso.

O xene que foi obxecto do estudo pertence a unha familia de amplas propiedades, os HMG (iniciais High Movility Group, grupo de elevada mobilidade). Xa no nome indica que ten unha relación co crecemento celular, cuxo descontrol é a causa dos cancros.

“Este regulador mestre está normalmente desactivado nas células adultas”, dixo Linda Resar, investigadora da Johns Hopkins. “En cambio, está moi activa no desenvolvemento embrionario e nas fases agresivas de todos os tumores que se estudaron”. “O noso traballo mostra por primeira vez que desactivando este xene en células dunha forma agresiva de cancro cambia extraordinariamente a súa aparencia e o seu comportamento”, engadiu.

Traballos anteriores de Resar xa interviñeran sobre o xene HMG1 pero aplicaran á reprogramación de células nai. Isto é lóxico visto o seu papel na proliferación e especialización celular. De paso, o estudo pon de manifesto, outra vez, a relación entre células nai e cancro. Cando as primeiras se activan de xeito inadecuado, aparecen os segundos.

O traballo, realizado en cultivos celulares, pode ser de grande interese en casos para os que non hai tratamento. Por exemplo, no estudo utilizáronse as células chamadas triplo negativas, porque non teñen ningún dos xenes ou receptores que caracterizan as formas máis habituais de cancro de mama. Está falto de sinais, como o xene HER2, fan que sexan máis difíciles de abordar. Despois de alterar as células para inhibir o HMG1 implantáronse en ratos, e viuse que non se propagaban. En cambio, os cultivos non manipulados causaban metástase.

O seguinte paso, dixo Resar, é obvio: intentar desenvolver un tratamento baseado neste principio. Algo que, se funciona, pode levar ata unha década.

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to O bloqueo dun só xene reduce a agresividade dos tumores

  1. Desirée Taracido di:

    El cáncer afecta actualmente a muchísimas personas por todo el mundo y cualquier avance que se realice en este campo es muy beneficioso para la salud y el bienestar de toda la sociedad.

    Recientemente, estudiando células de cáncer de mama, se ha descubierto la presencia de un gen que funciona para activar los procesos tumorales. Este gen pertenece a la familia de los HMG, que son un grupo de elevada movilidad, que tienen relación con el crecimiento celular y cuyo descontrol es la causa de los cánceres.

    Este gen regulador está desactivado en las células adultas pero, en cambio, está muy activo en el desarrollo embrionario y en las fases más agresivas de todos los tumores. Esto reafirma la relación entre los cánceres y las células madre, pues cuando las segundas se activan cuando no toca es cuando aparecen los tumores.
    En el estudia, han observado que tras la desactivación de este gen, el tejido canceroso adquiere un aspecto de tejido sano. Así han concluido que con un fármaco que actuara inhibiendo este gen podría ser una buena alternativa en el tratamiento de los tumores que no responden a los tratamientos utilizados hasta ahora.

  2. Marlene Cebreiro di:

    ¿Como podemos evitar o crecemento das células tumorais?

    A esta pregunta enfréntase a ciencia dende hai anos. Existen varias liñas de investigación e algunhas delas están dando os seus froitos. É o caso da que siguen investigadores da Universidade Johns Hopkins (EEUU). Este grupo identificou un xene que, cando se reprime nas células tumorais, pon en perigo o crecemento celular e unha serie de procesos que os tumores necesitan para ampliar e extenderse a outros lugares. Os autores deste estudo esperan que o chamado xene “mestre regulador” pode ser a clave para o desarrolo dun novo tratamento para os tumores resistentes aos fármacos actuais.
    Según Linda Resar, profesora da Johns Hopkins, o seu traballo demostra por primeira vez “que bloquear este xene nas células do cancro agresivo, cambia por completo a súa apariencia e comportamento”.
    Resar estivo investigando os xenes da familia do mestre regulador, coñecido como grupo de alta movilidade ou xenes HMG, durante dúas décadas e, ademáis do seu papel no cancro, estos xenes son esenciais para dar ás células nai os seus poderes especiais, algo que, según esta experta, non é casual. “Moitos investigadores consideran que as células cancerosas son o xemelgo malvado das células nai, porque ao igual que as células nai, as células cancerosas deben adquirir propiedades especiais para que o tumor crezca e haxa metástase ou se propague a diferentes lugares”, explica.
    Neste estudo, publicado por Plos One, o equipo de Resar implantou células tumorais en ratóns para ver como se comportan as células e os tumores con HMGA1 (fundamental para a reprogramación de células adultas) creceron e se extenderon a outras áreas, como os pulmóns, mentres que os que tiñan bloqueado HMGA1 non creceron ben no tecido mamario ou non se propagaron a lugares distantes. As células do cancro de mama triple negativo tenden a comportarse de maneira agresiva e non responden a moitas das terapias máis eficaces contra o cancro de mama, polo que o equipo de Resar bloqueou HMGA1 en células de cancro de mama agresivas e seguiu a súa aparición.
    O equipo de investigadores tamén encontrou que as células con supresión HMGA1 crecen moi lentamente e non poden migrar ou invadir novos territorios como os seus primos con expresión HMGA1.

    Fonte:
    http://www.20minutos.es/noticia/1803573/0/tumores/menos-agresivos/bloqueo-gen-maestro/

Deixa unha resposta