Un estudio augura catástrofes naturales causadas polo cambio climático

Aínda que é pouco probable que se cumplan os augurios máis catastrofistas sobre o quentamento global, según un estudio, a investigación prevé que se doble o aumento da temperatura que os expertos consideran como límite seguro. Según os investigadores da Universidade de Oxford, a temperatura se situará 4 grados por encima da rexistrada antes da Revolución Industrial se se toma en conta o crecemento dos últimos 10 anos, é dicir, dous grados máis dos que garantizarían estabilidade climática ao planeta, según os expertos.

O equipo internacional de científicos da Universidade de Oxford asegura que esta situación provoque catástrofes en grandes zonas da Terra, causando sequías, tormentas, inundacións e olas de calor, con efectos drásticos na producción agrícola e as súas consecuencias secundarias, como a migración masiva.

Os escépticos co cambio climático apuntan a que, como a temperatura media anual máis alta da historia rexistrouse en 1998, o quentamento global está parado. O estudio, publicado en Nature Geoscience, mostra que sería necesaria unha “pausa” máis longa para poder suxerir que o planeta non se está quentando a unha velocidade elevada.

Outros investigadores tamén alertaron de que non se deriva moito consuelo das novas estimacións –as emisiones de gases con efecto invernadero están aumentando a un ritmo superior ao previsto para este momento do século XXI e seguirá crecendo. En consecuencia, as previsións de quentamento tamén teñen que elevarse.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/20/actualidad/1369053420_793792.html

Esta entrada foi publicada en Calentamiento Global, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta