Chega o corazón artificial de última xeración

 

Una imagen del nuevo dispositivo.| Carmat

A compañía francesa Carmat recibiu autorización para comezar a implantar en persoas o seu novo corazón artificial, considerado un dos máis avanzados ata a data. Aínda que ata agora leváranse a cabo algunhas probas piloto, o novo órgano artificial comezara a implantarse en catro hospitais de Bélxica, Polonia, Eslovenia e Arabia Saudí.

Como explica o doutor Nicolás Manito, presidente da sección de Insuficiencia Cardiaca e Transplante da Sociedad Española de Cardiología (SEC), este modelo está considerado o corazón artificial de última xeración; e aínda que son moitas as vantaxes que se observaron nas probas, admite que existe pouca experiencia sobre o seu uso.

A diferencia dos corazóns artificiais mecánicos, que consisten nunha especie de bomba que se implanta xunto ao vello corazón danado (sen extirparlo), os corazóns bioartificiais están pensados para reemplazar completamente o órgano orixinal.

En España, explica o doutor Manito, non se implantou de momento ningún de estes corazóns “completos”, que soen empregarse sobre todo en países nos que a lista para transplante é máis prolongada.

“Ás veces se implantan eses soportes como ‘ponte’ á espera dun transplante”, explica o especialista español, aínda que os avances tecnolóxicos permitiron diseñar corazóns artificiais cunha duración cada vez máis prolongada. No caso de Carmat, precisa, poderíase estar falando dunha duración de entre cinco ou dez anos, “algo impensable fai uns anos”.

O dispositivo ten un prezo duns 200.000 euros e unha autonomía da batería dunhas 14 horas. Ademáis, destaca o doutor manito, está fabricado cunha serie de materiais que reducen o risco de trombos para o paciente, o que se traduce nunha menor necesidade de medicación anticoagulante.

Aínda que é pronto para evaluar cal será o seu comportamento, o especialista español sinala que se trata dun modelo máis pequeno que os seus predecesores (de apenas un kilo de peso) e cun bo sistema informático (“o corazón artificial se autorregula moi ben e sabe canto sangue é necesario bombear en cada momento”). “A tecnoloxía avanzou de maneira espectacular nos últimos anos, e probablemente estemos falando do tratamento do futuro en insuficiencia cardíaca”.

Nunha declaración conxunta, os ciruxáns cardíacos dos catro hospitais sinalaron que “A insuficiencia cardíaca terminal é un importante problema de saúde pública que traspasa fronteiras. Este corazón artificial é unha verdadeira innovación para a comunidade médica. Estamos impacientes de efectuar as primeiras implantacións e analizar os seus beneficios potenciais para os nosos pacentes”.

 

Esta entrada foi publicada en Biomateriais, Biotecnoloxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta