As nevadas matan ata o 30% dos cervos e corzos do Pirineo de Lleida

O ouro blanco que tanto desexa o sector turístico do Pirineo caeu este ano en abundancia, con grosores de ata seis metros nalgunhas zonas e unha precipitación total que foi máis do doble do habitual en case toda a cordilleira. Pero a satisfacción de hoteleiros e esquiadores convertéuse en traxedia para os cérvidos (cervos, corzos e gamos) que habitan nas zonas altas do Pirineo de Lleida. Os animais morreron pola falta de herba, polo intenso frío e, en ocasións, atrapados nas profundas capas de neve das que non lograron saír.

“Nas zonas que non chegaban aos 1.000 metros nun día podían caer máis de 60cm de neve nova”, explica o director dos Axentes Rurais de Lleida Llorenc Ricou.

“Os machos de cervo máis fortes foron capaces de aguantar mellor” relata o axente rural. As mortes, tal e como apunta Ricou, afectaron máis aos exemplares xóvenes e, especialmente, ás femias, xa que moitas delas estaban en pleno período de xestación.

Os corzos, unha especie que non soe superar os 30 kilos de peso e rara vez alcanza alturas superiores aos 75cm, son “moito máis débiles que os cervos, por iso sufriron máis”, revela o axente rural.

A pesar de non ser unha especie autóctona e que tampouco teñen a forza dos cervos, xa que o peso dun adulto non soe chegar aos 60 kilos, os gamos puideron aguantar mellor o período de frío e neve. “Por iso descendían ás zonas habitadas, por onde se podían desplazar con menos problemas e encontrar algo de alimento”. Esta búsqueda tiña, sen embargo, outros riscos: moitos animais consumiron cantidades abundantes de hedra, a única planta dispoñible e que contén unhas substancias tóxicas que tamén causaron a morte dalgúns exemplares, según os Axentes Rurais.

Outro dos animais que sufriu o efecto das nevadas foi o rebeco, que habita as zonas máis altas do Pirineo, e que dificilmente deixase ver polas zonas pobladas. “É áxil e pequeno, pero aínda así morreron moitos”, asegura Ricou.

Ante a gravedade da situación, o pasado 8 de marzo, o Departamento de Agricultura, Ganadería, Pesca, Alimentación e Medio Natural prohibiu de forma “excepcional”a caza destos animais na Reserva Nacional del Alt Pallars, onde antes do inverno había arredor de 1.300 cervos.

A resolución do Goberno catalán especificaba que a restricción era para os meses de marzo e abril “pola posible morte de ungulados, excepto o xabalí, como consecuencia do episodio extraordinario de frío e neve”. A pesar disto, o Goberno catalán levantou parcialmente a prohibición dúas semanas despois, centrándose nas especies que mellor aguantaron o duro temporal.

A delegación de Lleida da Federación Catalana de Caza mostra o seu “pesar” pola morte destos animais e apoia que a Generalitat regule a caza destas especies “se realmente houbo un número importante de baixas”. A pesar do seu lamento pola morte do 30% de cérvidos, un portavoz da Federación quítalle ferro ao falecemento destos exemplares: “Morreron os máis débiles. É a selección natural. A próxima xeración será mellor”.

Fonte: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/19/catalunya/1366397167_039062.html

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to As nevadas matan ata o 30% dos cervos e corzos do Pirineo de Lleida

  1. Yaiza Souto di:

    O Concello do Vall d´ Aran, órgano de goberno da comarca que ten transferida a xestión da caza, adelantouse á decisión do Executivo catalán e cancelou a caza a mediados de xaneiro, pouco despois de que caera a primeira gran nevada que afectou a todo o valle.

Deixa unha resposta