O Mediterráneo é máis sensible ao cambio climático do que se pensaba

Un equipo español de científicos comprobou que os ecosistemas do Mediterráneo son máis sensibels á variabilidade climática do que se pensaba hasta o momento.

A sobreexplotación pesqueira provoca unha disminución da capacidade de resposta dos ecosistemas mariños do Mediterráneo ante algunhas perturbacións como o cambio climático, según comprobou un equipo español de científicos.

Este estudo realizárono científicos do Centro Oceanográfico de Baleares -do Instituto Español de Oceanografía (IEO)-, en colaboración con investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas e a Universitat de les Illes Balears, informaron a secretaria de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación e o IEO.

O estudo, cuyas conclusións publicáronse na revista ICES “Journal of Marine Science”, analiza a evolución das capturas comercializadas das principais especies das Illas Baleares entre os anos 1965 e 2008.

Estudáronse en concreto tres cefalópodos como o polbo, a xiba e a lura; dous peixes óseos como o salmonete e a pescada; e dous peixes elasmobranquios, como a patarroxa e a raia.

O esforzo pesqueiro na área que foi obxecto do estudo incrementouse abruptamente entre 1965 e finais dos anos setenta, como resultado do aumento no número de embarcacións do arrastre.

Según a mesma fonte, ese incremento provocou que nos anos oitenta, estas especies entraran nunha situación de sobrepesca, un cambio que alterou a capacidade destas poblacións para afrontar posibles factores externos adversos.

Os resultados revelaron tamén que algúns fenómenos locais ligados ao Mediterráneo occidental e os de meso-escala relacionados co Atlántico Norte afectan ás especies que habitan augas máis profundas (a pescada e os elasmobranquios), mentres que un fenómeno global como “El Niño” afecta ás que viven a menor profundidade (o polbo, a xiba, a lura ou o salmonete).

A nota remitida hoxe (6 de febreiro) polo IEO recorda que “El Niño” é un fenómeno climático relacionado coas interaccións clima-océano, que ten lugar no Pacífico Sur, pero que os seus efectos poden apreciarse en todo o planeta.

Ata agora non se observara a súa influenza sobre os ecosistemas mariños do Mediterráneo, según a mesma fonte.

Dos resultados do estudo despréndense dúas conclusións importantes; a primeira, que o efecto combinado da pesca e o clima non só afecta a especies mariñas obxetivo da pesquería, senon a outras especies que comparten con elas o mesmo hábitat e son explotadas de forma indirecta.

A segunda conclusión é que evidenciuse que os ecosistemas mariños do Mediterráneo son máis sensibles á variabilidade climática global do que se pensaba ata o momento.

O estudo foi financiado polo proxecto PROGECIB-48A da Dirección Xeneral de Universidades, Búsqueda e Transferencia do Coñecemento do Goberno balear.

 Fonte: http://www.efeverde.com/contenidos/noticias/el-mediterraneo-es-mas-sensible-al-cambio-climatico-de-lo-que-se-pensaba

Esta entrada foi publicada en Calentamiento Global, Cambio Climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

2 Responses to O Mediterráneo é máis sensible ao cambio climático do que se pensaba

  1. Lúa Roldán di:

    O Instituto Español de Oceanografía (IEO) é un organismo español dedicado á investigación científica oceanográfica e ao asesoramento do goberno nas materias da súa competencia.

    É un organismo autónomo, clasificado como Organismo Público de Investigación, dependente do Ministerio de Economía e Competitividade. As súas funcións son de investigación científica e de asesoramento técnico e respaldo ao goberno. Funcionalmente divídese en tres áreas, respectivamente dedicadas aos recursos pesqueiros, a acuicultura e a conservación do medio mariño.
    A súa publicación principal é o «Boletín. Instituto Español de Oceanografía», unha revista científica de resultados que se publica, aínda que con distintas cabeceiras, dende 1916.

    O Instituto orienta as súas investigacións preferentemente aos problemas relativos á explotación dos recursos pesqueiros ao a ao contaminación, sendo outra das súas funcións o asesoramento das administracións públicas en canto á xestión racional e a protección do medio mariño. Como organismo do goberno, representa a España nas negociacións internacionais, incluídas as bilaterais con países como Mauritania, Marrocos, Canadá… en cuxos bancos faenan os pesqueiros españois; como nas multilaterais, no seo das diversas comisións internacionais.

  2. Victoria Ponte di:

    Es un fenómeno climático cíclico que provoca estragos a nivel mundial, siendo las más afectadas América del Sur y las zonas entre Indonesia y Australia, provocando con ello el calentamiento de las aguas sud Americanas.

    Su nombre se refiere al niño Jesús, porque el fenómeno ocurre aproximadamente en el tiempo de Navidad en el Oceano Pacífico, por la costa oste del Sur de América. El nombre del fenómeno es Oscilación del Sur El Niño, ENSO por sus siglas en inglés. Es un síndrome con más de 7 milenios de ocurrencia.

    En el océano Pacífico tropical “El Niño” es detectado mediante diferentes métodos, que van desde satélites y boyas flotantes hasta análisis del nivel del mar, obteniendo importantes datos sobre las condiciones en la superficie del océano. Por ejemplo, las boyas miden la temperatura, las corrientes y los vientos en la banda ecuatorial, toda esta información la transmiten a los investigadores de todo el mundo.

    Sus consecuencias son:

    Cambio de la circulación atmosférica.
    Calentamiento global del planeta y aumento en la temperatura de las aguas costeras durante las últimas décadas.
    Existen especies que no sobreviven al cambio de temperatura y mueren, generando pérdida económica en actividades primarias
    Surgen enfermedades como el cólera, que en ocasiones se tranfoman en epidemias muy dificiles de erradicar.
    Consec

Deixa unha resposta