Australia sufrirá de maneira extrema o cambio climático en 2070

Un estudo publicado pola Organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia afirma que o impacto do cambio climático na biodiversidade do país oceánico será “significativo” para 2030 e “extremo” para 2070.

A biodiversidade australiana, unha das máis ricas do planeta, sufrirá exponencialmente o cambio climático nuns anos. Según este estudo, no ano 2007 moitas das plantas e animais que actualmente existen no medioambiente de Australia desaparecerán do continente a causa do cambio climático. Tamén se acelerará a desaparición dos hábitats ou a presenza das especies invasoras, mentres que sectores como a agricultura ou o de abastecemento de enerxía e auga exercerán unha maior presión contra o ecosistema.

Michael Dunlop, xefe da investigación realizada pola Organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO), afirma que o impacto do cambio climático na biodiversidade de Australia será “significativo” para 2030 e “extremo” para 2070. “O cambio climático comezaría a transformar algúns das paisaxes naturais de Australia para 2030”, explica Michael Dunlop.

O estudo de CSIRO plantea a necesidade de adaptar as políticas e a xestión do medioambiente aos “cambios inevitables” do ecosistema. Así darase “unha maior oportunidade á biodiversidade a adaptarse naturalmente a un ambiente cambiante e variable en lugar de intentar evitar un cambio ecolóxico”, de acordo á investigación.

Cambio climático

Según outro dos estudos realizados polo CSIRO a principios de ano, a media anual da temperatura en Australia aumentou en 0.9 graos Celsus dende 1910 e para 2070 se elevará entre un e cinco graos debido ao cambio climático.

Os niveis do mar en Australia aumentaron ao mesmo ritmo, e algunhas veces con maior rapidez que a media mundial, e o aumento da temperatura dos océanos na rexión xa superou a media do planeta.

Australia contribúe co 1.5% da emisión global de gases de efecto invernadero, menos que Estados Unidos, China, Rusia, a India e Xapón, pero é unha das nacións máis contaminantes do planeta en términos per cápita.

Esta entrada foi publicada en Calentamiento Global, Cambio Climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.