O cambio climático provoca a migración de peixes no Ártico

Os impactos do cambio climático no Ártico están provocando unha migración masiva de peixes cara latitudes máis altas, según puideron constatar os científicos, que intentan responder á pregunta de qué especies mariñas “colonizarán” o océano profundo cando quede sen xeo.

 A segunda fase do Congreso Internacional sobre o Ártico “Arctic Frontiers” (http://www.compromisorse.com/acciones-rse/2013/01/22/arctic-frontiers-un-congreso-para-salvar-el-artico/) que se celebra esta semana na cidade noruega de Tromso, reuniu a varios centenares de científicos implicados en investigacións sobre a vida subacuática neste océano, cada vez menos glacial.

O obxectivo era que presentaran o seu coñecemento sobre o lugar máis descoñecido do Ártico. Os aproximadamente 2,8 millóns de kilómetros cadrados de océano profundo que ata agora estiveron permanentemente xeados, pero que, según as previsións máis optimistas do propio Consello Ártico, poderían quedar libres de xeo no verano de 2030 e 2040.

 ¿Haberá productividade mariña nas augas, de uns 4.000 kilómetros de profundidade, que rodean o Polo Norte cando quede libre de xeo?¿Quererán colonizar as baleas, rodaballos e bacallaus? E, no caso afirmativo, ¿haberá pesca comercial nestas augas internacionais?

 

Impactos do cambio climático:

A franxa mariña que rodea o núcleo xeado do Ártico (o mar de Barents, o norte de Islandia, o noroeste e nordeste de Groenlandia e o mar de Bering, entre Estados Unidos e Rusia) é un dos territorios pesqueiros máis productivos do planeta, de onde procede o 20% do peixe que se consome no mundo.

 Sen embargo, os impactos do cambio climático están desplazando os caladeiros cada vez máis ao norte, ante “a pérdida de productividade mariña na zona sur”.

Deste modo, os científicos do Instituto de Investigación Mariña de Noruega constataron un “significativo” desplazamento cara ó norte de poblacións de especies comerciais como o capelán, o rodaballo de Groenlandia, o bacallau ártico ou o arenque.

Perigo de colonización:

“A medida que aumente o desxeo o mar captará máis luz, pero para ser máis productivo e atraer ás especies necesitará tamén nutrintes; é como un hortelano en España que reciba unha luz excelente para facer crecer as súas hortalizas pero non dispón dun solo fértil”, apunta este científico alemán afincado en Noruega.

Harald Loeng, director de Investigación do IMR, estudiou o potencial das especies pesqueiras comerciais de colonizar as inmediacións do Polo Norte.

Nas súas investigacións, ve un alto potencial “colonizador” para as baleas, o tiburón de Groenlandia, a raia ártica, o cangrexo de neve ou o bacallau ártico; e “posibilidades de expansión moito máis ao norte” para o capelán, o arenque ou o bacallau atlántico, aínda que non nas latitudes máis altas.

Loeng indica que todo dependerá do tempo que dure a temporada de desxeo, a distancia á que se sitúen súas novas zonas de reproducción e a fidelidad cara as mesmas, e, esencialmente, da cantidade de comida dispoñible.

Tanto Loeng como Wassmann ven improbable que no centro do océano Ártico exista pesca comercial en menos de dez ou quince anos, aínda que non dudan de que a finais do século, como bromeou o científico canadiense Steven Fergunson, as baleas sustituirán aos osos polares como os maiores predadores do Ártico.

 

Fontes:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/25/natura/1359114649.html

http://www.lanacion.com.ar/1549037-el-cambio-climatico-provoca-la-migracion-de-peces-en-el-artico






Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada . Garda o enlace permanente.