EEUU envía ao espazo un avión robotizado en misión descoñecida

A Forza Aérea pon en órbita o X-37B, que aportará material clasificado e estará no aire máis de nove meses.

Un avión robotizado en fase experimental foi lanzado ao espazo, hoxe dende a base aérea do Cabo Cañaveral (Florida) nunha misión descoñecida que podría durar máis de nove meses, según informou a Forza Aérea dos Estados Unidos.

Ésta é a terceira vez que a Forza Aérea norteamericana pon un vehículo non tripulado en órbita. Como X-37B, o avión robotizado parécese a un shuttle en miniatura (http://es.wikipedia.org/wiki/Shuttle) pesa unhas cinco toneladas e mide uns dez metros. Un panel solar proporcionará a electricidade a bordo. O primeiro X-37B foi lanzado ao espazo en abril de 2010 e aterrizou 224 días despois. O segundo púxose en órbita en marzo de 2011 e a súa descoñecida misión no espazo durou 469 días.

O nacemento do X-37B ocorreu na Nasa en 1999, pero o proxecto transladouse a unha axencia do Pentágono en 2004 e posteriormente a Forza Aérea en 2006. Todos os resultados, tanto das misións como das investigacións son consideradas “clasificados”. O “mini shuttle” que hoxe saliu ao espazo foi construído por Boeing na súa planta de Huntington Beach, en California, e na súa bodega pode acomodar un par de satélites pequenos para o seu lanzamento e colocación en órbita. O X-37B despegou de Cabo Cañaveral e foi unido a un cohete Atlas.

Gary Payton, subsecretario da Forza Aérea para programas espaciais e antigo astronauta de “shuttle”, declarou cando se inaugurou o proxecto que se encadraba dentro dos experimentos espaciais para acceder a unha mellor tecnoloxía.

Fonte: http://internacional.elpais.com/internacional/2012/12/11/actualidad/1355261922_663495.html

 




 

 

Esta entrada foi publicada en Exploración Espacial e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to EEUU envía ao espazo un avión robotizado en misión descoñecida

  1. Yaiza Souto di:

    En 1999 a NASA seleccionou a Boeing Integrated Defense Systems para diseñar e desarrollar o vehículo, o cal foi construído pola delegación de California, Boeing Phantom Works. Durante un período de catro anos varias institucións involucráronse no proxécto, como a NASA que contribuiu con 109 millóns de dólares, as Forzas Aéreas dos Estados Unidos con 16 millóns, e Boeing con 67 millóns. Será esta última a que conseguirá un novo contrato de 301 millóns de dólares para colaborar no proxecto “Iniciativa de Lanzamento Espacial” da NASA a finais de 2002.

    O X-37 foi transferido da NASA á axencia DARPA o 13 de setembro de 2004. O programa converteuse así nun proxecto clasificado descoñécese o motivo polo cal DARPA mantivo este estatus para o proxecto. Pénsase que o programa de voo espaciais da NASA podería estar centrado en crear un vehículo de exploración espacial, mentres que DARPA quería promocionar o X-37 como unha aeronave destinada ao servicio do Departamento de Defensa, motivada a raíz do desastre do Challenger.

    O 16 de xuño de 2012 rematou unha misión secreta de 16 meses no espazo. O avión espacial en miniatura aterrizou na Base Vandenberg da Forza Aérea en California, 130 km ao noreste de Los Ángeles. Era só o segundo vehículo de EE.UU. para facer unha aterrizaxe autónomo dende o espazo. O avión espacial, tamén coñecido como Vehículo de Proba Orbital-2 ou OTV-2, encendeu o seu motor, deslizouse fora da órbita, e despois atravesou a atmósfera e se deslizou pola pista – ao igual que o faría un avión ordinario. Boeing anunciou o 16 de xuño de 2012 o éxito da órbita e aterrizaxe do segundo X-37B Orbital Test Vehicle (OTV) para a Oficina de capacidades rápidas da Fuerza Aérea de EE.UU.

Deixa unha resposta