Dúas naves espaciais xemelgas estrelaránse na Lúa

As GRAIL chocarán contra unha montaña cerca do polo Norte, tras realizar o mapa do campo gravitatorio de maior resolución dun corpo celeste.

Ebb e Flow son as dúas naves xemelgas da misión espacial GRAIL. Estiveron dando voltas á Lúa durante un ano, en formación unha tras outra, para facer o mapa gravitatorio dese corpo celeste, pero xa remataron, e os especialistas da NASA plantexaron a súa destrucción controlada no solo lunar. Chocarán contra unha montaña, cerca do polo Norte, o próximo lúns. Primeiro impactará Ebb e despois Flow, 20 segundos máis tarde. Cada un destos artefactos ten o tamaño dunha lavadora e 200 kilos de masa; estrelaránse a 1,7 kilómetros por segundo.

As GRAIL traballaron en órbita a unha altura de 55 kilómetros sobre a superficie da Lúa durante a maior parte da misión, pero o 30 de agosto pasado descenderon ata 23 kilómetros. Agóra, antes do seu final destructivo, teñen que facer un último experimento, esta vez de inxeniería. Recibirán a orde de manter encendidos os seus motores ata que consuman todo o combustible, o que permitirá aos expertos coñecer con precisión canto queda nos seus depósitos, un dato importante para calcular o consumo en futuras misións e operalas máis eficazmente, explica a NASA.

Mapa gravitatorio da Lúa trazado pola misión Grail. / NASA/JPL-CALTECH/MIT/GSFC

EbbFlow chegaron á Lúa o pasado 1 de xaneiro e, na súa particular formación de traballo unha seguindo a outra a unha distancia de ata 225 kilómetros, estiveron medindo con grande precisión as variacións do campo gravitatorio lunar, o que proporciona valiosa información aos investigadores para coñecer o que hai no interior dese corpo celeste. Coñecendo a súa estructura interna avánzase na comprensión da súa formación e evolución. Os primeiros resultados científicos déronse a coñecer na revista deste mes de Science, destacando o feito ca corteza da Lúa é máis delgada do que se estimara: ten un grosor de entre 35 e 43 kilómetros e non 50 ou 60. O mapa do campo gravitatorio realizado é o de máis alta resolución que se fixo ata agora dun corpo celeste, según a NASA.

A técnica para medir as variacións do campo gravitatorio baséase no voo dos dous artefactos, un tras outro e conectados por radioseñais. Uns equipos de altísima precisión que levan a bordo permite medir a distancia que os separa en todo momento, de maneira que cando Ebb cae lixeiramente, por exemplo, porque sobrevoa unha zona de rocas máis densas –no subsolo ou na superficie- a distancia con Flow aumenta, aínda que sexa lixerísimamente.

Na última fase da misión, as dúas naves descenderán gradualmente durante varias horas e case rozarán a superficie lunar ata que se estrelen no terreo elevado da montaña elexida para o impacto. Non haberá imáxes porque a zona estará en sombra nese momento.

Fonte: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/12/05/actualidad/1354734751_268587.html

Esta entrada foi publicada en Exploración Espacial, Sistema Solar e etiquetada , . Garda o enlace permanente.