Creación das lunas

Os investigadores franceses Sébastien Charnoz e Aurélien Crida propuxeron nun estudo publicado na revista Science que as lúas que orbitan algúns dos planetas do Sistema Solar xurdiron grazas á acreción de material nos aneis que adoitaban rodear os planetas , en lugar de ser entidades que tomaron forma mentras os seus planetas hospedes estabanse formando.

Os investigadores propuxeron desde hai moito tempo que as lúas que orbitan os planetas xurdiron xeralmente nunha de tres maneiras: como entidades que se formaronpor si soas cando o seu planeta hóspede estaba a desenvolverse, como cúmulos que se fusionaron a partir do material arrincado do planeta cando foi golpeado por algún outro corpo, ou sendo capturadas cando pasaron demasiado preto.
Nesta nova investigación, Charnoz e Crida propoñen unha cuarta posibilidade: que as lúas se formasen a partir do material dos aneis que rodean ao planeta.
Nun intento de explicar como xurdiron as lúas que orbitan planetas como Urano, Neptuno e Plutón, os investigadores crearon modelos matemáticos que poderían predicir a formación das lúas a partir do material que rodea un planeta. Os seus modelos suxiren que cando o material nun anel alcanza certo punto crítico a certa distancia do planeta, o que se coñece como límite de Roche, a gravidade do planeta é contrarrestada pola atracción gravitatoria que exerce cada peza sobre as demais no anel. Debido a isto, o material no anel comeza a fusionarse con algunhas pezas e, eventualmente, acumulando material suficiente para formar unha lúa. Engaden que a velocidade á que o material do anel orbita o seu hóspede pode dar conta da cantidade de lúas que se forman. O lento movemento de material pode dar como resultado a formación de varias lúas pequenas, mentres que o material con movemento rápido pode dar lugar a só unha lúa, como pode ser o caso da Terra e a Lúa. Suxiren que o seu modelo explica por que todas as lúas que orbitan os planetas (excepto Júpiter) do Sistema Solar aumentan en tamaño a medida que orbitan máis lonxe do planeta hóspede. Júpiter, din, é unha excepción, e as súas lúas probablemente formáronse ao mesmo tempo en que o planeta naceu.
Os investigadores recoñecen que os seus modelos non poden explicar como xorden os aneis mesmos, pero suxiren que é posible que poidan formarse debido a colisións con outros corpos que viaxan polo espazo.

 

Esta entrada foi publicada en Cosmoloxía, Sistema Solar e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta