Científicos cántabros atopan “pontes” entre galaxias.

A chaman materia ‘Bariónica’ e foi obxecto de estudo durante décadas. Tanto, que a súa existencia estaba avaliada xa pola teoría, pero non aínda pola práctica.E agora, despois de todo este tempo, un equipo de científicos cántabros parecen que encontraron a evidencia de que hai algo que une certos cúmulos de galaxias no Universo, coma se estiveran collidos da man. «O que vimos é unha ‘ponte’ de gas quente que conecta algúns  destes fenómenos masivos do cosmos e que se extende máis de 10 millones de años luz no  espazo. É a primeira vez que se detecta este tipo de sinais, fora dos propios cúmulos de galaxias », explica José María Diego, o científico do Instituto de Física de Cantabria (IFCA) que lidera un dos estudos internacionais enmarcados na misión do satélite europeo Planck.

«É importante que désemos con este resultado e que o fixéramos axudados de tecnoloxía deseñada e construída nesta rexión », recorda o propio investigador. Refírese ao artefacto ideado e fabricado en Cantabria que xamais chegara tan lonxe. « Para facernos unha idea, estamos falando dun dispositivo que se atopa no satélite Planck, a dez veces a distancia que separa a lúa da terra. E é resistente. Sigue funcionando mentres outros compoñentes perden xa a súa enerxía», detalla Diego.

Planck é a primeira misión europea deseñada para estudar a radiación do fondo cósmico de microondas (CMB), a enerxía remanente do Big Bang, a explosión que deu orixe ao universo. Neste caso, o fondo cósmico de microondas sería a luz que queda daquela gran primeira explosión.

O Grupo de Cosmología Observacional e Instrumentación del IFCA traballa na misión Planck,  baixo a dirección do investigador e director do centro mixto entre a UC e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Enrique Martínez. E a instrumentación con selo cántabro, o chamado ‘LFI, Low Frecuency Instrument’, ten 22 receptores que permiten cartografiar o ceo a tres frecuencias diferentes: 30, 44 y 70 GHz.

«O que facemos exactamente é buscar o rastro da radiación do fondo cósmico de microondas, que danos unha imaxe do que era o universo cando era moi novo, con tan só 300.000 anos », detalla José María Diego sobre unas cifras que fan referencia a un cosmos moi novo, si se compara coa idade actual, duns13.300 millones de anos.

«Naquel tempo non había estrelas, nin planetas, nin nada, estamos falando de pouco tra o Big Bang. Con esa dada, ao seus 300.000 años, la luz deixou de ser absorbida y comezou  a viaxar libremente. Iso levou a que atravesara diferentes fenómenos a lo largo do seu traxecto e que chegara aos nosos receptores para facilitarnos información moi valiosa», explican os científicos.

«Todas estas análises nos axudan a acercarnos máis a natureza de aquilo que descoñecemos. Falamos da chamada Materia Oscura, ou da aínda más misteriosa Enerxía Escura », remarca José María Diego.

Fonte: http://www.eldiariomontanes.es/v/20121128/economia/innova-cantabria/puentes-entre-galaxias-remontan-20121128.html

 

Esta entrada foi publicada en Cosmoloxía, Orixen do Universo e etiquetada . Garda o enlace permanente.