En busca dun tesouro espacial

O cofundador da firma Planetary Resources chámase Peter Diamandis. Entre os que apoian a súa empresa figuran millonarios dos imperios de Google e Microsoft, e o director de Titanic, James Cameron.

O que planea esta compañía é un proxecto con enormes espectativas económicas. Os beneficios están no noso sistema solar. Según estimaciones da NASA, os asteroides que se atopan preto da Terra conteñen valiosos metais –pratino ou prata- e Planetary Resources planteouse explotalos. Primeiro, uns telescopios espaciais teñen a misión de descubrir asteroides prometedores. Despois, hai que solucionar os problemas técnicos que supoñen as instalacións de explotación e de transporte polo espacio. A tecnoloxía necesaria a desarrolla a mesma empresa en cooperación con diversos socios; como as ondas espaciales robóticas para analizar os corpos celestes. Espérase que a primeira misión de explotación comence esta década.

A explotación de asteroides vai desencadear a maior transformación da economía humana dende a revolución industrial, vaticina John Lewis, planetólogo e coautor dun estudio internacional sobre a futura industrial espacial. Os expertos estiman que un asteroide de 500 metros podería albergar tanta cantidade de platino como a que a humanidade explotou durante toda a súa historia. Como os asteroides son pequenos, a extracción dos minerais metalíferos podería realizarse con relativa sencillez; para chegar a eles non habería que facer perforacións profundas. E para despegar cunha nave teledirixida dende o corpo celeste non se require moita enerxía porque os asteroides non teñen un campo gravitacional poderoso.

Das rocas espaciais tamén se podería extraer auga transformable en combustible para cohetes. Planetary Resources xa está planeando “gasolineiras interplanetairas” onde as naves poderían encher os seus depósitos.

 

 

Esta entrada foi publicada en Exploración Sistema Solar, Sistema Solar e etiquetada . Garda o enlace permanente.

2 Responses to En busca dun tesouro espacial

  1. Pablo Escariz di:

    Persoalmente, opóngome frontalmente a isto.
    Ben certo é que a idea está cando menos pensada, e é imaxinativa, pero, ademais de disparatada – que xa o é bastante- está empresa paréceme unha xogada bastante infame por parte destes empresarios. De levarse a cabo sería outra “mafia” máis, unha actividade económica que só beneficiaría ós explotadores dos recursos minerais, e ós seus amigos das empresas tecnolóxicas.
    Por iso mesmo estou en contra; aínda que, de todas maneiras, vexo máis que improbable que en algún momento chegue a levarse a cabo esta idea de seguro surxida dunha sobremesa dun domingo. Que se centren no seu, e deixen as fantasías interestelares para cando durman.
    Pablo.

  2. Leticia Moledo di:

    A idea de Planetary Resources é extraer minerais preciosos e auga de asteroides que pasan preto da Terra. Isto paréceme unha boa idea xa que hai miles de asteroides cercanos a Terra e ademais, os asteroides están cheos de recursos dun gran valor desde a agua ata o platino que un mineral que hoxe en día costa 1.500 dólares a onza e é utilizado na fabricación de aparellos electrónicos.A miña pregunta é se podería chegar a ocorrer iso e no caso de que iso ocorrera temo que os beneficiarios serían uns poucos. Desde o primeiro acercamento dunha nave espacial a un asteroide, en 1991, sábese que a diferenza da Terra onde os metais son máis pesados e quedan cerca do núcleo, nos asteroides distribúense polo seu corpo sendo así máis doado a súa extracción. A empresa impulsará o telescopio espacial Leo e habilitarano para interceptar aqueles asteroides máis prometedores. Un inconvinte sería o gran custo que suporía iso. E aseguran que controlarán os custes empregando deiseños simples que poidan ser manexados por un pequeno equipo de expertos. Segundo a empresa este aproveitamento dos minerais dunha fonte prácticamente infinita daralle estabilidade a Terra e aumentará a prosperidade da humanidade e os metais raros aumentarán o PIB da Terra. En conclusión a súa misión é aplicar técnicas comerciales innovadoras de explorar o espacio e desenvolver naves espaciais robóticas para explorar os miles de asteroides ricos en recursos que están ao noso alcance.

Deixa unha resposta