¿O universo deixou de fabricar estrelas?

Un equipo internacional de astrónomos acaba de publicar  un estudo no que afirman que  case a totalidade das  estrelas que nunca existirán no Universo naceron  xa. O cal implica que case xa non se forman novas estrelas que sustitúan ás que se apagan.

Os investigadores de diferentes nacionalidades, empregaron  para o seu traballo tres dos maiores telescopios terrestres que existen: o Subaru,

Telescopio Subaru

 o  UK Infrared Telescope

UK Infrared Telescope

 (ambos en Hawai)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

e o Very Large Telescope, en Chile

Very Large Telescope

Os seus datos combinados deron lugar ao estudo máis preciso que existe sobre formación estelar.

Tratábase de medir o máis  exactactamente  posible o ritmo de formación de novas estrelas do Universo e de localizar aquelas zonas onde a natalidade é maior.  Os resultados foron sorprendentes xa que a taxa de nacemento de novos soles decreceu de tal xeito que no tempo que lle queda de vida ao Universo dará lugar a un 5% máis das que xa existen actualmente.

Os astrónomos no seu estudo empregaron como indicador os fotóns H-alfa emitidos polos átomos de H no proceso de formación de novas estrelas .

Foi calculando a cantidade de fotóns en distintos momentos da historia do Universo como os investigadores chegaron a esta conclusión.

Os astronómos calcularon que a metade das estrelas que existen formáronse nos primeiros 5.500 millóns de anos de vida do Universo e o resto, a un ritmo cada vez de forma máis lenta, creouse a partir de entón (nos 9.000 millóns de anos restantes)e ata o presente. O Universo ten en total 13.700 millóns anos de idade.

O estudo tamén explica a gran diferenza que hai entre o número de estrelas que deberían existir se as taxas antigas de formación seguiran e a que efectivamente existe. Para Sobral aínda que hai un gran número de estrelas moribundas que deberían aportar o seu material para a formación de novas de estrelas en realidade non está sucedendo así. A razón é que para que naza una estrela deben darse una serie de condicións que cada vez son menos comúns.

Necesítase que o gas sea o suficientemente denso e frío –explica o científico- para que forme estrelas. E é certo que cando explota unha supernova as súas ondas de choque axudan a que o gas sexa máis denso e favoreza o nacemento de estrelas. Pero se a explosión é demasiado enerxética pode lanzar o gas fóra da galaxia.”

Para os investigadores o máis importante é saber porque está a ocorrer isto. E saber o motivo polo que as condicións para que se formen novas estrelas son peores agora que no pasado.

Para dar coa resposta algún científicos están centrados no estudo das rexións concretas nas que aínda  nacen estrelas. Esperan saber que é o que cambiou.

Que non nazcan tantas estrelas tivo para nós consecuencias beneficiosas se o ritmo de nacementos de estrelas se mantivera un planeta como o noso tería poucas posibilidadesde sobrevivir.

O número de estrelas da Vía Láctea é moi alto e a esperanza de vida das estrelas e de miles de millóns de anos terá  que pasar moito tempo ata que vexamos o nacemento da última estrela .

 

Esta entrada foi publicada en Cosmoloxía e etiquetada . Garda o enlace permanente.